"Facom Fest": Un festival de cine para os estudantes galegos


QUÉ É O FACOM FEST?

 

O Facom Fest constitúe unha oportunidade para visibilizar ás primeiras obras das novas xeracións do audiovisual galego. Celebrarase do 29 de novembro ao 2 de decembro.

 

Principalmente, o festival xorde da necesidade de darlles unha maior vida ás pezas audiovisuais realizadas polos estudantes dos diferentes titulacións de creación artística de Galicia, que en moitas ocasións quedan reducidas aos traballos de clase sen a expectativa dun visionado público.

 

O festival pretende tamén conformar un espazo no que compartir os diversos talentos e intereses do alumnado, proporcionando un punto de encontro no que estes poidan comezar a construír a súa rede de contactos, darse a coñecer no sector e gañar unha experiencia práctica máis próxima ao mundo profesional.

 

Isto favorece non únicamente ás creadoras e creadores, senón que tamén enriquece o panorama cultural, dando voz a novas ideas e temáticas que resulten máis próximas ás novas xeracións, que adoitan estar infrarrepresentadas no sector audiovisual máis asentado. 

 

Por outra banda, propón un impulso ás obras en galego, xa que este festival fomentará o uso da lingua galega nas obras audiovisuais actuais.

Crea tu propia página web con Webador